Inserir a tarxeta SIM e a batería
Nota: Desactive a alimentación e desconecte o cargador e os demais dispositivos
antes de extraer as tapas. Evite tocar os compoñentes electrónicos cando cambie as
tapas. Garde e utilice sempre o dispositivo coas tapas instaladas.
A tarxeta SIM e os seus contactos poden danarse facilmente se se raia ou dobra, polo
tanto, teña coidado ao manipular, inserir ou retirar a tarxeta.
1 Abra a tapa posterior e retírea.
6
Primeiros pasos
2 Retire a batería.
3 Peche o soporte da tarxeta SIM. Insira a tarxeta SIM no soporte coa esquina biselada
cara abaixo e a superficie de contacto cara aos contactos do dispositivo. O lateral
coa esquina biselada encaixa debaixo do bordo do dispositivo. Peche o soporte da
tarxeta SIM.
4 Aliñe os contactos da batería e insíraa.
Primeiros pasos
7
5 Coloque a tapa da batería no dispositivo de forma que os ganchos da parte superior
da tapa estean aliñados cos ocos correspondentes no dispositivo. Deslice a tapa
traseira para pechala.