Cargar a batería
A batería fornécese parcialmente cargada de fábrica. Se o dispositivo indica que dispón
de pouca carga, leve a cabo o seguinte:
1 Conecte o cargador a unha toma de parede.
2 Conecte o cargador ao dispositivo.
3 Cando o dispositivo indique que se atopa completamente cargado, desconecte o
cargador do dispositivo e, a continuación, da toma de corrente.
Tamén é posible cargar a batería cun cable USB que transfira alimentación dun
ordenador.
1 Conecte o cable USB a un porto USB dun ordenador e ao dispositivo.
2 Unha vez a batería estea completamente cargada, desconecte o cable USB.
Se a batería está completamente descargada, pode que non funcione a carga por USB.
Utilice o cargador no seu lugar.
Non é necesario cargar a batería durante un período determinado de tempo, e é posible
utilizar o dispositivo mentres se está a cargar. Se a batería está completamente
descargada, é posible que teña que esperar varios minutos para poder efectuar
chamadas e para poder visualizar o indicador de carga na pantalla.
Se se carga o dispositivo mentres escoita a radio, pode verse afectada a calidade da
recepción.
Primeiros pasos
9