Navegar ata o seu destino
Pode actualizar a aplicación Mapas a un sistema de navegación completo para utilizalo
no coche ou a pé. Precisa unha licenza rexional para o sistema de navegación completo.
A navegación en coche está guiada completamente por voz con vistas dos mapas
bidimensionais e tridimensionais. A navegación de peóns está limitada a unha
velocidade de 30 km/h e non está guiada por voz. O servizo de navegación non está
dispoñible para todos os países e rexións. Para obter máis detalles, consulte a páxina
web local de Nokia.
Adquirir unha licenza para a navegación
Seleccione
Servizos extra
. A licenza é específica para unha rexión e pode utilizarse só
nunha zona seleccionada.
Navegación ata o destino desexado
1 Seleccione
Planificar ruta
e cree unha ruta.
Mapas 55
2 Seleccione
Opcións
>
Amosar ruta
>
Opcións
>
Iniciar navegación
.
3 Acepte o descargo de responsabilidade amosado.
4 Seleccione o idioma para a orientación por voz, se se lle solicita.
Se se desvía da ruta establecida, o dispositivo planificará unha nova ruta
automaticamente.
Repetir a orientación por voz
Seleccione
Repetir
.
Silenciar a orientación por voz
Seleccione
Opcións
>
Silenciar audio
.
Deter a navegación
Seleccione
Deter
.
Navegación a pé
Seleccione
Axustes
>
Axustes de ruta
>
Selección de ruta
>
A pé
. Isto optimiza as
rutas creadas para a navegación a pé.