
Acerca do GPS
O sistema de posicionamento global (GPS) está operado polo goberno dos Estados
Unidos, que é o único responsable da precisión e mantemento do sistema. A precisión
dos datos de localización pode verse afectada polos axustes nos satélites GPS efectuados
polo goberno dos Estados Unidos e está suxeita a modificacións procedentes da política
de GPS civil do Ministerio de defensa dos Estados Unidos e do Plan de radionavegación
federal (Federal Radionavigation Plan). A precisión tamén pode verse afectada pola
xeometría de baixo nivel do satélite. A dispoñibilidade e calidade dos sinais GPS poden
verse afectadas pola súa localización, os edificios e os obstáculos naturais ademais de
polas condicións meteorolóxicas. É posible que os sinais GPS non estean dispoñibles no
54 Mapas

interior dos edificios ou en pasos subterráneos e que a súa transmisión non sexa posible
a través de materiais como formigón e metal.
O sistema GPS non se debe utilizar para a medición dunha localización precisa e vostede
non debe depender só dos datos de localización procedentes do receptor GPS nin das
redes de radio móbil para determinar posicións nin para a navegación.
A precisión do hodómetro é limitada, polo que é posible que se produzan erros de
redondeo. A precisión tamén se pode ver afectada pola dispoñibilidade e calidade dos
sinais GPS.