Introdución de texto predicible
A inserción de texto preditivo basease nun dicionario incorporado ao que pode engadir
novas palabras.
Escribir unha palabra
Prema as teclas numéricas, do 2 ao 9. Prema cada tecla só unha vez para inserir unha
letra.
Confirmar unha palabra
Desprácese á dereita ou prema 0 para engadir un espazo.
Seleccionar a palabra correcta
Se a palabra proposta non é correcta, prema * varias veces e seleccione a palabra
desexada da lista.
Engadir unha palabra ao dicionario
Se se visualiza o carácter ? despois da palabra, a palabra que pretende escribir non se
atopa no dicionario. Para engadir a palabra ao dicionario, seleccione
Escribir
Insira a
palabra usando a inserción de texto tradicional, e seleccione
Gardar
.
Escribir unha palabra composta
Escriba a primeira parte da palabra e desprácese á dereita para confirmala. Escriba a
seguinte parte de palabra, e confírmea de novo.