Realizar unha videochamada
Nunha videochamada, o vídeo gravado coa cámara frontal do dispositivo amósase ao
receptor da videochamada. Para poder facer unha videochamada, debe ter unha tarxeta
USIM e estar conectado a unha rede WCDMA. Contacte co seu fornecedor de servizos para
obter máis información acerca de dispoñibilidade e subscrición a servizos de
videochamada. A videochamada pode facerse a un dispositivo compatible ou a un
cliente RDSI entre dúas partes. As videochamadas non se poden facer mentres está activa
outra chamada de voz, vídeo ou datos.
1 Para iniciar unha videochamada, introduza o número de teléfono e o prefixo.
2 Manteña premida a tecla de chamada ou seleccione
Opcións
>
Videochamada
.
Iniciar unha videochamada pode tardar uns intres. Se non se consegue facer a
chamada, preguntaráselle se no seu lugar desexa realizar unha chamada normal
ou enviar unha mensaxe.
3 Para finalizar a chamada, prema a tecla Fin.