Marcado por voz
Efectúe chamadas de voz pronunciando o nome que se atopa gardado en Contactos.
Debido a que os comandos de voz dependen dos idiomas, antes de efectuar a marcación
por voz, cómpre seleccionar
Menú
>
Axustes
e
Teléfono
>
Axustes de idioma
>
Idioma do teléfono
e o idioma.
Mantéñase en contacto 29
Nota: A utilización de etiquetas de voz pode resultar difícil en contornos con
ruído ou durante unha emerxencia, polo tanto, non debe confiar unicamente na
marcaxe por voz en todas as circunstancias.
1 Na pantalla de inicio, manteña premida a tecla de selección dereita. Reproducirase
un ton curto e amosarase
Fale despois do ton
.
2 Pronuncie o nome do contacto que desexe marcar. Se o recoñecemento de voz se
efectúa correctamente, amosarase unha lista coas coincidencias propostas. O
dispositivo reproducirá o comando de voz do primeiro resultado que apareza na
lista. Se o comando non é o correcto, desprácese a outra entrada.