Axustes de chamada
Seleccione
Menú
>
Axustes
,
Chamadas
e unha das seguintes opcións:
Desvío de chamada — Permite desviar as chamadas entrantes (servizo de rede). É
posible que non sexa quen de desviar as súas chamadas se se atopa algunha función
de restrición de chamadas activa.
Calq. tecla responde — Permite responder ás chamadas entrantes premendo
brevemente calquera tecla, agás a tecla de acendido, as teclas de selección dereita e
esquerda ou a tecla fin.
Rechamada autom. — Esta opción permite que o dispositivo marque de novo
automaticamente o número se falla a chamada. O dispositivo intentará chamar ao
número 10 veces.
Recham. vídeo a voz — O dispositivo efectúa de novo automaticamente unha
chamada de voz ao mesmo número co que non se conseguiu establecer unha
videochamada.
Claridade de voz — Permite mellorar a intelixibilidade da fala, sobre todo en
ambientes ruidosos.
Marcación rápida — Permite marcar os nomes e números de teléfono asignados ás
teclas numéricas (2-9) mantendo premida a tecla numérica correspondente.
Chamada en espera — Esta opción permite que a rede lle notifique cando ten unha
chamada entrante mentres ten activa outra chamada (servizo de rede).
Temporiz. chamada — Permite visualizar a duración da chamada en curso.
Resumo tras chamad. — Permite visualizar brevemente a duración aproximada
despois de cada chamada.
Mantéñase en contacto 31
Envío do n.º propio — Permite amosar o seu número de teléfono á persoa á que está
chamando (servizo de rede). Para empregar o axuste acordado co fornecedor de
servizos, seleccione
Fixado pola rede
.
Liña cham. saíntes — Permite seleccionar a liña de teléfono que desexa utilizar para
realizar chamadas se a tarxeta SIM admite varias liñas de teléfono (servizo de rede).
Resp. se carp. aberta — Permite responder ou finalizar as chamadas abrindo ou
pechando a tapa.