Holograma de autenticación
1
Cando mire ao holograma situado na etiqueta, deberá ver o símbolo no que se unen as mans de Nokia dende un ángulo
e o logotipo de accesorios orixinais de Nokia se o mira dende o outro ángulo.
2
Se inclina o holograma cara á esquerda, dereita, abaixo e arriba, debería ver 1, 2, 3 e 4 puntos en cada lado
respectivamente.
A correcta realización dos pasos indicados non garante totalmente a autenticidade da batería. Se non pode confirmar a
autenticidade ou se ten razóns para pensar que a batería Nokia co símbolo na etiqueta non é unha batería Nokia auténtica,
non a utilice e envíea a un distribuidor ou ao centro de servizo técnico máis próximo de Nokia para recibir asistencia.
Información do produto e de seguridade 63
Para obter máis información verbo das baterías orixinais de Nokia, visite a páxina web www.nokia.com/battery.