Nokia 3710 fold - Tecnoloxía sen fíos Bluetooth

background image

Tecnoloxía sen fíos Bluetooth

A tecnoloxía Bluetooth sen fíos permite conectar o dispositivo, mediante ondas de radio,

a un dispositivo Bluetooth compatible situado a unha distancia de ata 10 metros.
Seleccione

Menú

>

Axustes

>

Conectividade

>

Bluetooth

.

O dispositivo é compatible coa especificación Bluetooth 2,1 + EDR que admite os

seguintes perfís: Acceso á SIM, envío de obxectos, transferencia de ficheiros, auriculares,

mans libres, acceso xenérico, porto de serie, intercambio de obxectos xenérico,

conexión á rede por liña conmutada, identificación de dispositivo, acceso á guía de

teléfonos, aplicación de descubrimento de servizos, distribución de son avanzada,

control remoto de son e vídeo e distribución de son e vídeo xenérica . Para asegurar a

interoperabilidade con outros dispositivos que dispoñan de tecnoloxía Bluetooth,

utilice accesorios Nokia homologados para este modelo. Póñase en contacto cos

fabricantes dos outros dispositivos para obter información sobre a compatibilidade con

este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth aumentan o consumo de enerxía e

reducen a duración da batería.
Configurar unha conexión Bluetooth

1 Seleccione

Nome do meu tlf.

e insira un nome para o seu dispositivo.

2 Para activar a conectividade Bluetooth, seleccione

Bluetooth

>

Activado

. indica

que a conectividade Bluetooth está activa.

3 Para conectar o dispositivo a un accesorio de son, seleccione

Conex. a acc. audio

e o accesorio.

4 Para emparellar o dispositivo con calquera dispositivo Bluetooth que se atope

dentro do alcance, seleccione

Disposit. vinculados

>

Engadir novo disp.

.

5 Desprácese ata un dispositivo atopado e seleccione

Engadir

.

24 Fágao o seu dispositivo

background image

6 Acorde un código (de 16 caracteres como máximo) co usuario do outro dispositivo

e insira o código no seu dispositivo. Para establecer a conexión, insira o código no

outro dispositivo cando se lle solicite.

Utilizar o dispositivo en modo oculto é un modo máis seguro de evitar o software

daniño. Non acepte conexións Bluetooth de fontes non fiables. Se o prefire, desactive a

función Bluetooth. Isto non afecta ás demais funcións do dispositivo.
Conectar o ordenador á Internet

É posible utilizar a tecnoloxía Bluetooth para conectar un ordenador compatible á

Internet sen necesidade de empregar o software PC Suite. O seu dispositivo debe ser

capaz de conectarse á Internet (servizo de rede) e o seu ordenador debe admitir a

tecnoloxía Bluetooth.
1 Asegúrese de que o seu dispositivo poida conectarse á Internet.

2 Vincule o dispositivo co ordenador mediante a conectividade Bluetooth. O

dispositivo abrirá unha conexión de paquete de datos á Internet de forma

automática.