
Paquetes de datos
O servizo xeral de paquetes de radio (GPRS) é un servizo de rede que permite aos
dispositivos móbiles enviar e recibir datos a través dunha rede baseada no protocolo
da Internet (IP).
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Paquetes de datos
>
Conex. paq.
datos
.
Seleccione entre as seguintes opcións:
Se cómpre — Permite establecer a conexión de paquetes de datos só cando unha
aplicación o necesite. Cando se pecha a aplicación, péchase a conexión.
Sempre en liña — Permite conectarse automaticamente a unha rede de paquetes de
datos ao acender o dispositivo.
Pode usar o dispositivo como un módem conectándoo a un ordenador compatible. Para
obter máis detalles, consulte a documentación de Nokia PC Suite.