Axustes do teléfono
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Teléfono
.
Seleccione entre as seguintes:
Axustes de idioma — Para definir o idioma do dispositivo, seleccione
Idioma do
teléfono
e un idioma. Para axustar o idioma do dispositivo segundo a información da
tarxeta SIM, seleccione
Idioma do teléfono
>
Automática
.
Estado da memoria — Permite ver o consumo de memoria.
Bloq. teclado autom. — Permite axustar o teclado para que se bloquee
automaticamente unha vez transcorrido un período de tempo predefinido na pantalla
de inicio sen que se empregase ningunha función.
Bloq. teclado segurid. — Permite axustar o dispositivo para que solicite o código de
seguridade para desbloquear o teclado.
Recoñecemento voz — Permite configurar comandos de voz ou iniciar o adestramento
de recoñecemento de voz.
Consulta voo — Permite axustar o dispositivo para que solicite se desexa axustar o
perfil de voo ao acender o dispositivo. No perfil de voo, todas as conexións de radio
están pechadas.
Actualizacións tlf. — Permite recibir actualizacións de software do seu fornecedor de
servizos (servizo de rede). As opcións dispoñibles poden variar.
Modo de rede — Para empregar redes GSM e 3G (cando estean dispoñibles), seleccione
Modo dual
. Esta opción non está dispoñible durante as chamadas activas.
Selección operador — Permite seleccionar manualmente que rede desexa utilizar.
Activac. texto axuda — Permite axustar o dispositivo para amosar texto de axuda.
Ton de inicio — Permite reproducir un ton ao acender o dispositivo.
Xestión peche tapa — Permite seleccionar o comportamento que desexa que presente
o dispositivo ao pechar a tapa.
Confirm. accións SIM — Permite acceder a servizos adicionais de rede desde a tarxeta
SIM. Pode que esta opción non estea dispoñible en función da súa tarxeta SIM.