Axustes de seguridade
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Seguridade
.
Cando se atopan activadas as funcións de seguridade que restrinxen as chamadas (coma
a restrición de chamadas, os grupos de usuarios pechados e a marcaxe fixa), pode que
sexa posible efectuar chamadas ao número de emerxencia oficial programado no
dispositivo. O desvío e restrición de chamadas non poden estar activos ao mesmo
tempo.
Seleccione entre as seguintes opcións:
20 Fágao o seu dispositivo
Petición código PIN ou Petición código UPIN — Estableza que o teléfono solicite o
código PIN ou UPIN cada vez que se acende. Algunhas tarxetas SIM non admiten a
desactivación da solicitude do código.
Servizo restric. cham. — Restrinxa as chamadas entrantes e saíntes do teléfono
(servizo de rede). Cómpre establecer un contrasinal de restrición.
Marcación fixa — Restrinxa as chamadas saíntes aos números de teléfono
seleccionados se o admite a tarxeta SIM. Cando a marcación fixa está activada, as
conexións GPRS non se poden establecer, excepto durante o envío de mensaxes de texto
a través dunha conexión GPRS. Neste caso, cómpre que o número do centro de mensaxes
e o número de teléfono do destinatario se inclúan na lista de marcación fixa.
Grupo usuar. pech. — Defina un grupo de persoas aos que pode chamar e que poden
chamalo (servizo de rede).
Nivel de seguridade — Seleccione
Teléfono
para solicitar o código de seguridade
sempre que se insira unha nova tarxeta SIM no teléfono.
Códigos de acceso — Cambie o código de seguridade, o código PIN, o código UPIN, o
código PIN2 ou o contrasinal de restrición.
Petición código PIN2 — Estableza que o dispositivo solicite o código PIN2 cando se
utilice unha función protexida polo código PIN2. Algunhas tarxetas SIM non admiten a
desactivación da solicitude do código. A dispoñibilidade desta opción depende da súa
tarxeta SIM. Para obter máis información, póñase en contacto co seu provedor de
servizos.
Código en uso — Vexa e seleccione o tipo de código PIN que se utilizará.
Certific. autoridade ou Certificados usuario — Vexa a lista dos certificados de
autoridade ou usuario dispoñibles no seu teléfono.
Axustes mód. segurid. — Vexa os Detalles mód. segur., active a
Petición PIN
módulo
, ou cambie o PIN de módulo e o PIN de inicio de sesión.