Servizos de rede
Para utilizar o dispositivo, cómpre dispoñer dos servizos dun fornecedor de servizos sen
fíos. Algunhas funcións non se atopan dispoñibles en todas as redes; é posible que para
poder utilizar outras funcións sexa necesario establecer acordos específicos co seu
fornecedor de servizos. Os servizos de rede implican a transmisión de datos. Comprobe
co seu fornecedor de servizos os detalles verbo de tarifas na súa rede propia ou durante
a itinerancia noutras redes. Este pode explicarlle os importes que lle serán cargados
polo servizo.
É posible que o seu fornecedor de servizos ordenase a desactivación ou non activación
de determinadas funcións no dispositivo. En tal caso, as mencionadas funcións non
aparecerán no menú do dispositivo. Tamén é posible que o dispositivo dispoña de
elementos personalizados como os nomes ou a orde dos menús e as iconas.